Nota do público:

5,22

Uruguai, México, España / 75 min. / Ficción / Castelán

Mercar entrada

Belmonte, un home divorciado de 43 anos, séntese perdido cando non está coa súa filla Celeste, de dez. A súa identidade está ancorada nunha exitosa carreira como pintor, mediante a cal explora un tortuoso mundo interior. Celeste goza pasando tempo co seu pai, pero teme perder o amor da súa nai, novamente embarazada, mesmo nestas curtas visitas. Durante uns intres, mentres observa as árbores, Belmonte confía á súa filla a montaxe do seu espectáculo no Museo Nacional. Alí, entre as pólas, atopa a un estraño facendo acenos. Quen é e que trata de dicir?


Ficha artística

Gonzalo Delgado, Olivia Molinaro Eijo, Tomás Wahrmann, María Noel Gutiérrez, Giselle Motta, Jeannette Sauksteliskis.

Ficha técnica

Guión: Federico Veiroj.
Fotografía: Arauco Hernández Holz, Analia Pollio.
Música: Leo Masliah, Gervasio Tarragona & Javier Bezzato, Rafael Bonavita, Diane Denoir & Eduardo Mateo, Pedro Dalton & Buenos Muchachos, Carlos Gardel & Alfredo Lepera, Orquesta Juvenil del Sodre
Edición: Manuel Rilla, Fernando Franco.
Produción: Federico Veiroj, Juan José López.

Crítica Cineuropa

A nova película de Federico Veiroj (A vida útil, O apóstata) vén de triunfar en Toronto e en San Sebastián. Un pintor recoñecido internacionalmente e o seu caos, o seu medo escénico fronte a unha exposición internacional. O seu horror vacui ante o novo fillo da súa exparella. E eses temores sublimados en soños, en situacións surrealistas, en noites que non acaban.


Belmonte

Federico Veiroj

Montevideo (Uruguai), 1976

Belmonte é a cuarta longametraxe do director, produtor e guionista Federico Veiroj, tras as celebradas Acné (2008), La vida útil (2010) e El apóstata (2015). Mostráronse retrospectivas do seu traballo no Festival de Cinema de Viena 2015, no Arquivo de Cinema de Harvard en 2016, e o Swedish Filme Institute en 2017. Actualmente traballa na posprodución de Así habló el cambista.