Nota do público:

5,88

Arxentina / 82 min. / Documental / Castelán

Mercar entrada

No ano 1997 o cineasta arxentino Fernando Birri regresa ao seu país para filmar un documental sobre o 30º aniversario da morte do Che Guevara e a relevancia das utopías naquela altura. Carmen Guarini decidiu rexistrar eses momentos. Unha primeira montaxe deste filme estivo escondida durante vinte anos nun fráxil VHS. Esas imaxes hoxe cobran vida e botan luz sobre a vixencia deste poeta e mestre do cinema latinoamericano, que sempre se resistiu a abandonar as súas propias utopías.


Ficha artística

Fernando Birri, Osvaldo Bayer, Eduardo Galeano, Ernesto Sábato.

Ficha técnica

Guión: Carmen Guarini.
Fotografía: Martín Gamaler, Carmen Guarini.
Música: Gustavo Pomeranec.
Produción: Carmen Guarini, Marcelo Céspedes.

Crítica Cineuropa

A proposta de Carmen Guarini comeza como un making of de Che: morte da utopia?, o documental para o que Birri contou co testemuño de xente moi diversa, desde intelectuais como Ernesto Sábato ou Eduardo Galeano, ata obreiros e campesiños. Pero non queda só aí, nin moito menos. Guarini recorre a entrevistas e imaxes de arquivo para trazar un sólido retrato dese humanista que foi Fernando Birri, un dos pais do Novo Cinema Latinoamericano.


Ata tu arado a una estrella

Carmen Guarini

Bos Aires (Arxentina), 1953

Doutorouse en cinema antropolóxico pola Universidade de Paris X baixo a dirección de Jean Rouch. É investigadora e docente na Universidade de Bos Aires, na Mestría en Cinema Documental da Universidade do Cinema e na EICTV de Cuba. En 1986 confundou a produtora arxentina CINE OJO, pioneira en cinema documental. Xa en 2001, constituíu o Festival DocBuenosAires, do que é codirectora.