Nota do público:

6,85

China, Francia / 141 min. / Ficción / Mandarín

Mercar entrada

En 2001, a moza Qiao está apaixonadamente namorada de Bin, un xefe da mafia local. Testemuña do ataque dunha banda rival contra Bin, dispara para defendelo. Por non delatalo, Qiao acaba condenada a cinco anos de cárcere. Unha vez en liberdade, Qiao busca a Bin pero este négase a aceptala de novo na súa vida.


Ficha artística

Tao Zhao, Liao Fan, Xu Zheng, Casper Liang, Feng Xiaogang, Diao Yinan.

Ficha técnica

Guión: Jia Zhang-Ke.
Fotografía: Eric Gautier.
Música: Lim Giong.
Produción: Shozo Ichiyama.

Premios

  • Candidata á Palma de Ouro de Cannes 2018.

Crítica Cineuropa

Jia Zhang-Ke é xa unha presenza habitual en Cineuropa. A China coa mafia como poder fáctico fronte á inmutable presa das tres gargantas. Unha historia de amor traizoada, a vinganza servida como prato frío. E o curso do tempo que atravesa unha sociedade que parece dominada non pola clase política senón polo novo grupo emerxente, esa mafia que impón as súas regras nun mundo sen referentes.


Ash is purest white

Jia Zhang-Ke

Shanxi (China), 1970

Licenciouse na Academia de Cinema de Pequín e debutou como realizador coa película Xiao wu en 1998. Reside en Pequín e está moi implicado coa nova xeración de realizadores chineses. En 2006 dirixiu Natureza morta, gañadora do León de Ouro no Festival de Venecia, e en 2013 fíxose coa Palma ao mellor guión no Festival de Cannes por Un toque de violencia.