Nota do público:

7,66

Islandia / 97 min. / Ficción / Inglés

Mercar entrada

No Ártico a temperatura pode baixar ata -70° C. Neste deserto xeado e hostil, afastado de todo, un home loita por sobrevivir. Ao seu arredor só existen a inmensidade branca e o cadáver dun avión que lle serviu de refuxio, único vestixio dun accidente xa moi afastado. Co tempo, aprendeu a loitar contra o frío e as tormentas, a coidarse dos osos polares e a buscar comida.


Ficha artística

Mads Mikkelsen, Maria Thelma Smáradóttir.

Ficha técnica

Guión: Joe Penna, Ryan Morrison.
Fotografía: Tómas Örn Tómasson.
Música: Joseph Trapanese.
Produción: Armory Films / Pegasus Pictures / Union Entertainment Group.

Crítica Cineuropa

Mads Mikkelsen fai horas extra só fronte ao inferno branco, nunha ben armada modalidade de survival náufrago que é herdeira do Robert Redford de All is lost. Neve e soidade, sen compañeiros de viaxe e sen poder whatsappear. Isto é, o horror.


Arctic

Joe Penna

São Paulo (Brasil), 1987

A súa carreira comezou na rede, a través dunha exitosa canle de YouTube dedicada a vídeos musicais e curtas creativas que conta con máis de 3 millóns de subscritores e que superou os 400 millóns de visitas. O seu vídeo musical Guitar: Imposible foi seleccionado para exhibirse no museo Guggenheim. Dirixiu tamén varios anuncios publicitarios. Arctic é a súa ópera prima.