Nota do público:

7,90

España / 90 min. / Documental / Castelán

Mercar entrada

Elías é un director de cinema. Flako foi o ladrón de bancos máis buscado durante a crise económica en España. Flako estaba no cárcere. Elías, na rúa. Este documental é a crónica dunha amizade entre dúas persoas cun obxectivo común: facer unha película de atracos.


Ficha técnica

Guión: León Siminiani.
Fotografía: Juan Barrero.
Produción: Pandora Cinema.

Crítica Cineuropa

Siminiani visitounos en 2012 con Mapa, a súa ópera prima. De novo o autor parte do persoal para ir desvelando unha Atlántida, as catacumbas da cidade onde se moven como peixe na auga os butroneiros. E un personaxe real da crónica negra: un destes ladróns que explica os seus saqueos non violentos como a aprendizaxe dunha das belas artes. Como un capítulo da serie negra e o honrado (e moi humano) gremio do roubo. Con sorte, León, na súa presentación en sala, conectará desde o seu móbil con este antiheroe do que sempre desexamos saber máis.


Apuntes para una película de atracos

Elías León Siminiani

Santander (Cantabria), 1971

A súa primeira longametraxe, Mapa (2012), gañou o premio ao mellor documental europeo no SEFF 2012. Durante os cinco anos de produción de Apuntes para una película de atracos, colaborou con outros cineastas en labores de guión e montaxe, e dirixiu proxectos para televisión como a miniserie documental Operación Nenúfar: o caso Asunta.