Checoslovaquia / 94 min. / Ficción / Checo

Na cidade de Kladno, durante a era comunista, un pequeno grupo de operarios forzosos recicla pezas antigas de metal para convertelas en pezas novas de máquinas e tractores. O grupo, composto por un profesor de filosofía, un fiscal que ousa reivindicar o dereito dos condenados a defendérense, un músico consagrado a un instrumento tan burgués coma o saxo e un cociñeiro que se nega a traballar os sábados por motivos relixiosos, fai os seus labores á vez que observa como no extremo oposto do campo hai varias mulleres tamén condenadas a traballos forzosos por intentar escapar do país. Entre estes dous núcleos, irremediablemente atraídos, están os gardas, que intentan evitar calquera tipo de contacto entre ambos.


Ficha artística

Václav Neckár, Jitka Zelenohorská, Rudolf Hrušínský, Jaroslav Satoransky, Vlastimil Brodsky, Ferdinand Kruta, Frantisek Rehák, Leos Sucharípa, Vladimír Ptácek.

Ficha técnica

Guión: Jirí Menzel (Novela: Bohumil Hrabal).
Fotografía: Jaromír Sofr.
Música: Jirí Sust.
Produción: Filmové Studio Barrandov.

Premios

  • Oso de Ouro e FIPRESCI no Festival de Cine de Berlín 1990.


Alondras en el alambre / Cotovías no arame