Francia, Italia / 83 min. / Ficción / Francés,Italiano,Inglés

Anaïs, unha rapariga de doce anos, séntese acomplexada polo seu peso. Agochada na sombra ou abandonada á súa sorte, enfróntase soa ao seu sufrimento. É o verán e toca gozar do mar, das vacacións en familia e da aprendizaxe do primeiro amor. Pero Anaïs terá que levar a cabo esta aprendizaxe observando á súa irmá maior.


Ficha artística

Anaïs Reboux, Roxane Mesquida, Libero de Rienzo, Arsinee Khanjian, Romain Goupil, Laura Betti, Albert Goldberg.

Ficha técnica

Guión: Catherine Breillat.
Fotografía: Yorgos Arvanitis.
Música: Jean-Paul Jamot, Fabrice Nguyen Thai.
Produción: Flach Film / CB Films / Arte France Cinema / Immagine, Cinema / Urania Pictures.

Premios

  • Hugo de Ouro á mellor película no Festival de Chicago 2001.
  • Premio Manfred Salzgeber na Berlinale 2001.

 


À ma soeur / Fat girl