Nota do público:

6,59

Singapur, Francia, Países Baixos / 95 min. / Ficción / Mandarín,Inglés,Bengalí

Mercar entrada

Wang, un traballador chinés que vive na área industrial de Singapur sofre un accidente laboral e comeza a angustiarse pola posibilidade de ser repatriado. Incapaz de durmir, frecuenta un cibercafé no medio da noite. Coa esperanza de atopar algunha forma de contacto humano nunha terra na que se sente marxinado, fai unha amizade en liña que termina sendo moito máis sinistra do esperado. Cando Wang desaparece repentinamente, o policía Lok é chamado a investigar o caso descubrindo unha historia inesperada.


Ficha artística

Peter Yu, Liu Xiaoyi, Luna Kwok, Jack Tan, Ishtiaque Zico, Kelvin Ho, George Low, Andie Chen.

Ficha técnica

Guión: Yeo Siew Hua.
Fotografía: Hideho Urata.
Música: Teo Wei Yong.
Produción: Akanga Film Asia / Films de Force Majeure / Volya Films.

Premios

  • Leopardo de Ouro á mellor película no Festival de Locarno 2018.

Crítica Cineuropa

O León de Ouro en Locarno para un filme que explora esa terra de ninguén que é unha zona portuaria de fábricas nun Singapur onde sobra a man de obra migrante de lugares máis pobres. Unha desaparición, un arranque propio de thriller e unha viraxe na acción —pola vía do flashback— cara o pasado dese ser na bruma, un traballador que atopa a súa vía de escape en noites de neon de danzas tolas, de cyber cafés con camareira nada virtual. Influencias de Won Kar-Wai e de Jia Zhang-Ke, quen presidía o xurado que premiou esta película que fala do amor entre as ruínas, da paixón nada do insomnio e as alucinacións.


A land Imagined

Yeo Siew Hua

Singapur

Estudou na Universidade Nacional de Singapur e é membro da plataforma cooperativa 13 Little Pictures film collective. Escribiu e dirixiu a película experimental In the house of straw (2009). O proxecto da súa segunda película de ficción, A land imagined (2018), recibiu varias bolsas de axuda á produción e múltiples galardóns.