Galicia / 20 min. / Ficción / Galego

Unha orquestra investiga os sons do pasado que evocan a historia de tres mulleres obrigadas a fuxir. A orquestra improvisa. A súa música ten o poder de evocar historias, de impulsar a fantasía. Cada un dos músicos conta unha das historia a través do seu instrumento. Nove fugas. Nove historias que procuran unha saída.


Ficha artística

María Roja, Olga Cameselle, Ailén Kéndelman, Areta Bolado, Noelia Castro, Marta Pérez, Paco Barreiro.

Ficha técnica

Guión: Fon Cortizo.
Fotografía: Javier Álvarez.
Dirección musical: Orquestra Fugaz de Improvisación Industrial, Xavier Núñez Bértolo e David Santos.
Produción: Fon Cortizo e Alexandre Cancelo.


9 fugas (Work in progress)

Fon Cortizo

Vigo (España), 1978

Contrafaces (2016) foi a súa primeira longametraxe onde a ficción e a realidade de Quebec, Islandia e Galicia constrúen unha mirada sobre temas como a creación, a identidade ou as linguas. Aysha (2017) recibe o galardon como mellor curta documental en DUAF New York, e resulta premiada en Curtocircuíto e Cinealfama Lisboa.