Nota do público:

5,77

Francia / 60 min. / Ficción / Francés

Mercar entrada

— A quen estás a esperar?
— Aquiles. E ti?
— Demofonte.
— Canto tempo levas agardando?
— Seis lúas cheas. E ti?
— Vinte lúas cheas.
— Oh, ben…

Briseida, Filis, Hero, Enone e Penélope esperan aos heroes que foron á Guerra de Troia. Unha comedia moderna e antiga ambientada nunha imaxinaria BretañaGrecia.


Ficha artística

Françoise Lebrun, Charlotte Bayer-Broc, Noémie Marignier, Noémie Lothe, Carmen Leroi.

Ficha técnica

Guión: Charlotte Serrand (baseado nas Cartas das heroínas de Ovidio).
Fotografía: Victor Zébo, Xavier Pérez Díaz.
Música e son: Blumone, Thomas Fourel.
Produción: Charlotte Serrand.

Crítica Cineuropa

Primeiro a espera. A de Briseida quen, abandonada, fronte ao mar, agarda a Aquiles. Tamén a de Filis, quen, deambulando por bosques e camiños espera a Demofonte, e está Hero que agarda o regreso de Leandro; Enone espera a Paris, e, por suposto, Penélope languidece estrañando a Ulises. A realizadora revisita o texto de Ovidio para crear unha obra onde o visual e o sonoro se axustan ao relato magníficamente.


1048 lunes / 1048 lúas

Charlotte Serrand

Reims (Francia), 1988

Estudou Literatura e Cine. Baseou os seus estudos na obra de Albert Serra, con quen logo colaborou. Tamén traballou coa artista francesa Isabelle Prim. Desde 2012 exerce de Directora Artística adxunta no Festival Internacional de Cine A Rochesur - Yon. Actualmente tamén é asesora de programación para a Quincena dos Realizadores de Cannes. 1048 Lúas é a súa ópera prima.