- Numax acolle o sábado 16 ás 17.00 horas un coloquio do autor co xornalista Anxo Suanzes
O escritor e xornalista Pedro Vallín presenta en Cineuropa o seu primeiro libro, titulado ¡Me cago en Godard! e publicado por Arpa Editores. Vallín escribe na actualidade no xornal La Vanguardia e é un dos impulsores dos Premios Feroz.
O acto consistirá nun coloquio entre Vallín e o xornalista cultural Anxo Suanzes. Será mañá, sábado 16, ás 17.00 horas na librería de Numax. Esperámosvos!