Palmarés do Xurado Novo da 32ª edición de Cineuropa e o Premio Dereitos Humanos

  • Conformado por sete mozas e mozos de entre 18 e 25 anos, o Xurado Novo desta edición leu o seu palmarés na cerimonia de clausura celebrada este mércores 28 de novembro.
  • O concelleiro de Educación e Cultura de Santiago de Compostela, Manuel Dios, fixo entrega do 'Premio Dereitos Humanos'.


Logo de valorar ao longo deste 22 días un total de 22 filmes, Aldara Pagán, Ángel López Rivas, Antía Díaz López, Laura Sixto, Gonzalo Rodríguez de Uña, Sara García Cabeza e Xoán Fernández Diz leron a composición do seu palmarés na cerimonia de clausura celebrada este mércores 28 de novembro en Santiago de Compostela.

 

MELLOR FILME


Película: Longa viaxe do día cara á noite (China, 2018)

Dirixida por: Bi Gan.

 

MELLOR DIRECCIÓN

Claire Denis.

Película: High life (Alemaña, Francia, Reino Unido, Polonia, Estados Unidos, 2018)

 

MELLOR GUIÓN

Película: In fabric (Reino Unido, 2018)

Escrita por: Peter Strickland.

Dirixida por: Peter Strickland.


MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA

Película: Cisne de cristal (Bielorrusia, Alemaña, Estados Unidos, Rusia, 2018)

Actriz: Alina Nasibullina.

Dirixida por: Darya Zhuk.

 

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA

Película: Sauvage (Francia, 2018)

Actor: Félix Maritaud.

Dirixida por: Camille Vidal-Naquet.

 

MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO

Película: Os corpos dos astronautas (Alemaña, 2017)

Dirixida por: Alisa Berger.

 

Por outra banda, o concelleiro de Educación e Ciudadanía de Santiago de Compostela, Manuel Dios Diz, fixo entrega do Premio Dereitos Humanos, concedido ao filme máis votado polo público do festival da sección Dereitos humanos: a memoria é presente e, que nesta ocasión recaeu sobre: 


Película: Last men in Aleppo (Dinamarca, Siria, 2017)

Dirixida por: Feras Fayyad.