Entrada
De balde previa retirada de convite
De balde previa retirada de convite
LA CASA DE LA TROYA (1925). PROXECCIÓN CON MÚSICA EN DIRECTO.
UNHA NOITE REVELADA (1925-2025) CENTENARIO DA ADAPTACIÓN CINEMATOGRÁFICA
En 1924 filmábase en Galicia unha das primeiras películas do cinema mudo: La casa de la Troya, de Alejandro Pérez Lugín. Estreada en 1925 no Teatro da Zarzuela, en Madrid, e seguidamente no Teatro Principal de Santiago de Compostela, tivo un éxito inmediato, percorreu diferentes salas da península e chegou mesmo ao outro lado do Atlántico, proxectándose no mítico Carnegie Hall de Nova York, deixando unha pegada duradeira no cinema galego.
A historia, ambientada en Santiago de Compostela, levou a cámara a distintos puntos da cidade e de Galicia, ofrecendo unha visión da sociedade galega de comezos do século XX, entre tradición e o impulso da modernidade. A película amosa paisaxes, arquitectura e formas de vida dun tempo en transformación, e foi recibida con entusiasmo polo público.
No marco do centenario desta obra pioneira, Unha Noite celebra a efeméride con diversas actividades. En Compostela, propón unha proxección especial da película no Teatro Principal, acompañada de música en directo composta especialmente para esta ocasión. Esta sesión recupera o espírito do cinema mudo da época e retorna a un dos espazos que forman parte da propia historia do filme.
A proxección do filme estará acompañada de música en directo, composta expresamente para esta ocasión polo compositor e pianista Brais González e a cargo do Caspervek Trío.