Entrada

De balde previa retirada de convite

NOV
19
Xoves 19, 20:00
Auditorio de Galicia
NOV
20
Venres 20, 20:00
Auditorio de Galicia

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA.
TIMOTHY BROCK, DIRECTOR.

A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis en Cineuropa para acompañar con música en directo a proxección do filme O maquinista da Xeneral (1926), a obra mestra de Buster Keaton e Clyde Bruckman. Baixo a dirección de Timothy Brock, a orquestra interpretará a partitura que o compositor creou en 2005 para a película, inspirada na música e nos estilos interpretativos dos anos vinte. A partir de materiais musicais históricos, entre eles himnos, foxtrots e valses, Brock recrea o universo sonoro da época e acompaña o humor, a tensión e as espectaculares persecucións ferroviarias dun dos grandes clásicos do cinema mudo.

Sinopse:
Durante a Guerra de Secesión estadounidense, Johnnie Gray, un maquinista rexeitado polo exército confederado, ve como un comando unionista rouba a súa locomotora, a Xeneral, na que viaxa tamén a súa amada Annabelle Lee. Decidido a recuperalas, emprende unha persecución a través das liñas inimigas que o levará a enfrontar toda clase de perigos e situacións imprevistas.