NOV
20
Xoves 20, 20:30
Auditorio de Galicia
NOV
21
Venres 21, 20:30
Auditorio de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia toma parte un ano máis no programa de Cineuropa  e ponlle música en directo á proxección de Sing Sing, un filme dirixido por Greg Kwedar con música de Bryce Dessner, que a orquestra interpretará baixo a batuta de Ben Voce. Probablemente o nome de Dessner asóciase máis ás bandas sonoras de O renacido ou de Os dous Papas, aínda que o músico de Ohio conta cunha sólida traxectoria sinfónica. Nel conflúen o compositor de música orquestral e o guitarrista de rock e autor principal da banda The National, con premios como os Globos de Ouro e os Grammy en ambas as facetas. Entre as súas influencias conviven, con sorprendente harmonía, Brian Eno, Johann Sebastian Bach e Steve Reich. Para Sing Sing, Dessner traduce en música o leitmotiv do filme —o poder transformador da arte como forza de resistencia dun home inocente, encarcerado— e faino a través dunha partitura que evoca, ante todo, a liberdade.