Entrada
De balde previa retirada de convites en compostelacultura.gal ou na Zona C
De balde previa retirada de convites en compostelacultura.gal ou na Zona C
Esopinetta, gardiá e agasalladora de palabras, tenta devolverlle a voz a Motus, un neno que, afundido nunha profunda tristeza, decidiu deixar de falar. Para interpretalo, convida un neno ou unha nena do público a subir ao escenario e participar na representación, facendo de cada función unha experiencia única.
Teresa Larraga é actriz, cantante, pallasa e directora teatral. Formouse en teatro, danza e música na Escola de Teatro Dimitri e especializouse tamén en canto lírico como mezzosoprano. En 2007 fundou a compañía Teatro Frenesí, coa que desenvolve unha traxectoria multidisciplinar que combina creación escénica, música e clown. Trilingüe en español, italiano e francés, leva máis de 25 anos explorando as posibilidades da linguaxe e da comunicación.