Entrada
Inscrición de balde en cineuropa.gal ata o domingo 8 de novembro
Inscrición de balde en cineuropa.gal ata o domingo 8 de novembro
A investigación arquivística é unha ferramenta fundamental para comprender a historia do cinema e os procesos que condicionan a produción audiovisual. Este obradoiro ofrece unha aproximación ás metodoloxías de investigación en arquivos cinematográficos, tanto para o desenvolvemento de proxectos de investigación como para a o uso de materiais de arquivo na creación audiovisual.
A través da análise de películas en distintos formatos (8 mm, 16 mm e 35 mm), fotografías, guións, expedientes de produción, informes de censura e correspondencia institucional, as persoas participantes descubrirán as posibilidades dos arquivos como fontes de coñecemento e creación.
A actividade está dirixida a estudantes de cinema, audiovisual, historia, estudos culturais e comunicación, así como ao público xeral. Non se requiren coñecementos previos.
Klára Trsková é cineasta, tradutora e investigadora ligada ao Národní filmový archiv (Arquivo Nacional de Cinema da República Checa) en Praga. É especialista en estudos fílmicos e lusitanística, disciplinas que estudou na Facultade de Letras da Universidade Carolina de Praga, onde tamén cursou estudos de cinema na FAMU. A súa investigación céntrase no cinema lusófono e nas cuestións poscoloniais.