Entrada

De balde previa retirada de convites en compostelacultura.gal ou na Zona C

NOV
8
Domingo 8, 12:00
Auditorio de Galicia

CASIANO MOURIÑO, DIRECTOR.
PAULA CEREIXO, ACTRIZ E COMUNICADORA.

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela súmase á 40ª edición de Cineuropa cun concerto dedicado ao poder evocador das bandas sonoras e á súa capacidade para emocionar, construír atmosferas e transformar as imaxes en experiencias inesquecibles.

Baixo a dirección de Casiano Mouriño e coa participación da actriz e comunicadora Paula Cereixo, o programa propón unha viaxe pola historia do cinema a través da música de Charles Chaplin e das composicións de Nino Rota, Ennio Morricone e John Williams. Desde a maxia de Harry Potter ata a emoción de Cinema Paradiso ou A misión, o concerto percorre algunhas das melodías máis recoñecibles da gran pantalla e celebra a estreita relación entre música e cinema.