Entrada

Libre ata completar a capacidade

NOV
8
Domingo 8, 16:30
Zona C

Os arquivos fílmicos desempeñan un papel fundamental na construción e preservación da memoria histórica. Esta mesa redonda reúne profesionais de destacadas institucións cinematográficas para compartir experiencias arredor da preservación, investigación e difusión do patrimonio audiovisual, así como para debater sobre a responsabilidade dos arquivos na transmisión da memoria colectiva e na xeración de novas lecturas da historia. 

A través de exemplos de películas recuperadas, materiais inéditos e achados documentais que emerxen dos arquivos audiovisuais, o encontro explora o cinema como ferramenta privilexiada para revisar o pasado, cuestionar os relatos oficiais e recuperar voces, experiencias e acontecementos esquecidos ou relegados.