Entrada

De balde ata completar a capacidade da sala

NOV
12
Mércores 12, 20:00
NUMAX

A estrea mundial na pasada edición da Berlinale da película documental de Juanjo Pereira Bajo las banderas, el sol permitiu o acceso a un valiosísimo arquivo de imaxes de Alfredo Stroessner, o ditador que gobernou Paraguai entre 1954 e 1989. Stroessner e o seu réxime estiveron moi lonxe de alcanzar a atención informativa internacional doutras ditaduras militares da segunda metade do século XX en Sudamérica, como as de Perú, Bolivia ou outros países que formaron parte do chamado Plan Cóndor deseñado desde o goberno norteamericano de Richard Nixon: Brasil, Uruguai, Arxentina e Chile. E de non ser pola existencia dunha novela de relevo mundial como Yo, el Supremo, de Augusto Roa Bastos, a percepción internacional da figura de Alfredo Stroessner sería aínda menor.

A 39ª edición de Cineuropa vai celebrar unha mesa sobre as ditaduras silenciadas, aquelas que por razóns de peso xeopolítico non recibiron –ou aínda non reciben no caso das aínda existentes- a visibilidade internacional que mereceron.

Despois da mesa redonda, proxectarase o filme Bajo las banderas, el sol (2025), gañador do premio do público na Berlinale deste ano.

Interveñen:

  • Juanjo Pereira | Director do filme Bajo las banderas, el sol
  • Abraham Buergo | Politólogo, integrante do goberno progresista de Fernando Lugo en Paraguai (2008-2012).

Modera:

  • José Luis Losa | Director de Cineuropa