Entrada
De balde previa retirada de convites
De balde previa retirada de convites
A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela achégase a Cineuropa cun concerto que convida a percorrer algúns dos universos máis memorables do cinema a través da música. O programa, no que o público escoitará adaptacións sinfónicas de bandas sonoras que acompañaron grandes historias de aventura, fantasía e emoción, réndelles homenaxe a relevantes compositores da música cinematográfica contemporánea como Jerry Goldsmith, Brian Tyler, Howard Shore ou John Williams. Unha proposta para celebrar a forza evocadora e o poder narrativo da música e a súa capacidade para nos facer revivir momentos icónicos da historia do cinema.
Jerry Goldsmith / Brian Tyler: Universal Centennial Logo
John Williams (Arr. José A. Pina): Parque Xurásico. Suite Sinfónica
John Williams (Arr. H.V.D. Heide): Indiana Jones. Selección
John Williams (Arr. R.W. Smith): Harry Potter. Suite Sinfónica
Howard Shore (Arr. Víctor López): O Señor dos Aneis. Suite Sinfónica
John Williams (Arr. Johan de Meij): A guerra das galaxias. Selección
Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela
Ramón Castro, presentador
Casiano Mouriño Maquieira, director
Manuel Muñoz Hermida, imaxes