Entrada
De balde previa retirada de convites en compostelacultura.gal e Zona C
De balde previa retirada de convites en compostelacultura.gal e Zona C
Amina Ferley é investigadora e arquivista no Arsenal Filminstitut de Berlín.
Documental político que denuncia o golpe de Estado militar de 1971 en Bolivia, encabezado por Hugo Banzer, que derrocou o Goberno do xeneral Juan José Torres. O filme combina imaxes orixinais e material de arquivo para reconstruír os acontecementos a través de manifestacións e mobilizacións populares, enfrontamentos, discursos políticos e testemuños de membros do Goberno derrocado que se atopaban no exilio. Incorpora tamén fragmentos de películas de ficción e documentais anteriores para articular unha crítica ao imperialismo e á intervención estranxeira na política latinoamericana.
Cinema del Terzo Mondo é un colectivo de cinema militante integrado por Jorge Denti, Jorge Giannoni, Manuela Generali e Beppe Scavuzzo que, entre 1970 e 1972, desenvolveu unha práctica cinematográfica transnacional baseada na solidariedade antiimperialista. Durante este período realizou dous filmes, Palestina, otro Vietnam (1971) e Bolivia: el tiempo de los generales (1972), producidos en Roma por San Diego Cinematográfica, de Renzo Rossellini. Ambas as dúas obras circularon principalmente á marxe dos circuítos cinematográficos convencionais e permaneceron durante décadas escasamente estudadas, con poucas proxeccións e unha documentación histórica fragmentaria.