Entrada

De balde previa retirada de convites en compostelacultura.gal ou na Zona C

NOV
7
Sábado 7, 18:00
Zona C

Aquí e acolá está protagonizada por Alma, unha muller maior con alzhéimer que prepara unha festa sorpresa polo aniversario do seu compañeiro, Julien. Mentres organiza a celebración, van agromando fragmentos da súa memoria, lembranzas e cancións que revelan a súa paixón pola música. Entre o humor, a tenrura e a emoción, este espectáculo explora a fraxilidade da memoria e a forza dos vínculos afectivos, e convida a vivir intensamente o presente.

Teatro Frenesí fundouse en Neuchâtel en 2006 co obxectivo de producir espectáculos nos que o teatro, a música e o humor estean intimamente ligados. As súas creacións abordan temas como o amor, a desesperación, a alegría, a morte, a paixón, a resiliencia e o valor das palabras. Concibidas con gran liberdade creativa, sitúan no centro o respecto, o diálogo e as relacións humanas.