Entrada

De balde ata completar a capacidade da sala

NOV
11
Martes 11, 17:15
Salón Teatro

Barraca XXI é un proxecto da Fundación SGAE que impulsa a acción social e o desenvolvemento cultural en colectivos sensibles e espazos vulnerables. Trátase dun programa que promove a formación e a creación e que a Fundación SGAE, en formato de escolas sociais, puxo en marcha en sete cidades do Estado.

Barraca XXI implica a participación de socias e socios da SGAE, activando o valor do seu talento e poñendo o seu oficio ao servizo da transformación social.

En Galicia, o proxecto céntrase no ámbito da saúde mental, iniciado tras a alianza establecida co Hospital Psiquiátrico de Conxo. O seu principal obxectivo é impulsar o proceso de integración e socialización de persoas con trastornos mentais, fomentando a participación e a formación nunha experiencia común con creadoras e creadores da SGAE, convencidos de que a actividade creativa ten un impacto directo, positivo e transformador nas persoas.

Ao longo de dous anos, formáronse grupos de traballo teatral, musical e audiovisual, amais dun ciclo de cinema. Froito do obradoiro audiovisual xurdiron spots publicitarios, curtametraxes e sketches que chegan agora a Cineuropa da man dos seus responsables e protagonistas.

Interveñen:

  • Rubén Gutiérrez del Castillo. Director de Fundación SGAE
  • Javi Camino e Sara Varela. Directores da curta e monitores do taller audiovisual de Conxo Barraca XXI
  • Isabel Outeiral. Actriz e participante no Taller de teatro Barraca XXI do Hospital de Conxo

Modera:

  • Carlos Santiago