Entrada
Libre ata completar a capacidade
Esta mesa de diálogo propón un percorrido pola traxectoria de Cineuropa e polo seu papel como un un espazo de referencia para a difusión, descubrimento e a reflexión cinematográfica en España. As visitas e os encontros que marcaron a súa identidade, os momentos clave da súa evolución e as numerosas figuras do cinema internacional recoñecidas co Premio Cineuropa servirán de fío condutor para repasar estas catro décadas de historia e reflexionar sobre os cambios nas formas de producir, ver e pensar o cinema.
Máis alá da celebración retrospectiva, o encontro será tamén unha oportunidade para mirar cara ao futuro do cinema e reflexionar sobre o papel dos festivais na circulación das obras e na formación de novos públicos, a partir da experiencia acumulada por Cineuropa ao longo destes 40 anos.
PARTICIPAN:
José Luis Losa, director de Cineuropa
Martin Pawley, xornalista
Iñaki Quenerapú, deseñador