Ano

2021

Nacionalidade

Francia

Duración

127 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Francés, inglés, polaco

4,74

Nota do público
NOV
9
Martes, 22:30
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
10
Mércores, 19:30
Teatro Principal
Mercar entrada

2021: Premio especial do xurado no Festival de Sitges

Nun futuro lonxano, nun planeta salvaxe, a solitaria adolescente Roxy libera a unha criminal que estaba enterrada na area. Unha vez libre, a muller volve sementar o terror e a morte. Roxy e a súa nai, Zora, son consideradas responsables, e son exiliadas da súa comunidade ademais de condenadas a localizar á asasina. Así, comezan a vagabundear polos territorios fantásticos e fantasmais do seu sucio paraíso.

Bertrand Mandico

Toulouse, Francia

Traballou para varias institucións de arte en Europa e dirixiu moitas curtas, entre elas Boro in the box e Living still life, seleccionadas en Cannes e Venecia, respectivamente. Mentres levaba a cabo o seu proxecto de dirixir vinte e unha curtas en vinte e un anos coa actriz Elina Löwensohn, dirixiu Les garçons sauvages (2017), a súa primeira longametraxe.
Ficha artística

Elina Löwensohn, Vimala Pons, Paula Luna, Agata Buzek, Pauline Lorillard, Camille Rutherford, Anaïs Thomas, Claire Duburcq

Ficha técnica

Guión: Bertrand Mandico
Fotografía: Pascale Granel
Edición: Laure Saint-Marc, Georges Cragg
Produción: Emmanuel Chaumet