Ano

2010

Nacionalidade

Romanía, Alemaña

Duración

180 min.

Xénero

Documental

Idioma

Romanés, inglés

NOV
23
Martes, 18:00
Auditorio de Galicia
(Sala Mozart)
Mercar entrada

2010: Mellor documental no Festival de Cinema Internacional de Bergen

2010: Mellor edición e mellor documental nos Premios Gopo de Romanía

Compañía perfecta para Videogramas dunha revolución, esta compilación de material filmado polo aparato de propaganda de Ceaucescu permite poñer en dúbida a conclusión da outra película: que o cine deixou nun momento de ser inspirado pola Historia para pasar a ser o seu segredo motor. As imaxes coas que o tirano se celebra a si mesmo -concentracións, festas populares, discursos, encontros con xefes de estado, escenas da vida familiar- teñen como obxectivo fixar a simbólica eternidade da autocracia, mentres que a revolución que volveu poñer en marcha a roda do tempo se fixo xustamente contra eses anacos de celuloide. Se en Videogramas a urxencia do momento deixa ver excepcionalmente a trastenda do poder, a Autobiografía é non obstante a regra e proba de que o poder é eficaz para expresarse ata con certa beleza eisensteniana (abonda pensar, por exemplo, no noso recente Bicentenario). É doado mirar hoxe a película e deducir con razón que Ceaucescu era pouco máis que un burócrata mediocre. Pero convén recordar que non era iso o que se dicía del, mesmo fóra de Romanía.

Ficha técnica

Guión: Andrei Ujica
Edición: Dana Bunescu
Produción: Velvet Moraru