Ano

2018

Nacionalidade

Suecia, Dinamarca

Duración

106 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Sueco, español, inglés

NOV
9
Venres, 21:45
Auditorio de Galicia
(Sala Mozart)
Mercar entrada
NOV
12
Venres, 17:15
Teatro Principal
Mercar entrada

2018: Mención especial no Festival Cinematográfico Internacional do Uruguai

Logo de devastar a Terra, a poboación humana restante está a lanzar varias naves ao espazo para transportar colonos a Marte, o seu novo fogar. Aniara é unha destas naves espaciais que garante unha viaxe luxosa de tres semanas e sen preocupacións ata o destino final. Creada para parecerse a un inmenso centro comercial, a nave ofrece todos os servizos necesarios para manter satisfeita unha sociedade profundamente consumista e destrutiva. A súa única conexión coa Terra é unha sala especial, onde unha computadora sensible reúne as lembranzas das persoas, permitindo volver experimentar momentos do planeta de orixe.

O que empeza como unha utopía futurista avanza lentamente cara a terreos tenebrosos que achegan o filme ao terror psicolóxico. Aniara foxe dos postulados tradicionais do cinema do espazo para dedicarse á construción dun desasosego profundo cara ao descoñecido. Capaz de cativar ao espectador, non só pola súa coidada dirección artística senón tamén polas interpretacións dos seus protagonistas e a forza narrativa do guión.

Ficha artística

Emelie Jonsson, Arvin Kananian, Pablo Salvador N.G., Jamil Drissi

Ficha técnica

Guión: Hugo Lilja, Pella Kagerman, Harry Martinson
Fotografía: Sophie Winqvist
Edición: Pella Kagerman, Björn Kessler, Michal Leszczylowski
Produción: Annika Rogell, Nina Bisgaard, Pella Kagerman, Lisa Widén