Ano
2020
Elli é unha androide e vive cun home ao que chama pai. É quen de rememorar vacacións e calquera cousa que el programe para que ela lembre. Deseñada para asemellarse a unha das súas lembranzas, realmente parece estar viva, ás veces mesmo parece soñar, e con todo non deixa de ser unha máquina, un contedor para as lembranzas que son todo para el e nada para ela. Esas evocacións parecen dominala, de feito chegaron a ter vida propia. Unha noite ela intérnase no bosque seguindo un eco evanescente. Pérdese entre as matogueiras ata que é atopada e levada para casa por unha persoa que lle proporciona novas lembranzas e unha nova identidade.
Lena Watson, Dominik Warta, Ingrid Burkhard, Jana McKinnon
Guión: Sandra Wollner, Roderick Warich
Fotografía: Timm Kroger
Edición: Hannes Brunn
Produción: Lixi Frank, David Bohun