Ano

2020

Nacionalidade

Italia

Duración

122 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Italiano

7,79

Nota do público
NOV
16
Luns, 17:00
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
19
Xoves, 20:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada

2020: Copa Volpi ao mellor actor (Pierfrancesco Favino) no Festival de Venecia

Roma, 1976. Valerio ten dez anos e unha imaxinación viva. A súa vida de neno dá un envorco cando, coa súa nai Gina, é testemuña dun ataque terrorista perpetrado contra o seu pai. A partir dese momento, o medo e a sensación de vulnerabilidade deixan unha marca dramática nos sentimentos de toda a familia. Neses días difíciles, Valerio coñece a Christian, un mozo non moito maior que el, solitario, rebelde e descarado, que parece chegar da nada. Ese encontro, nun verán cheo de descubrimentos, cambiará as súas vidas para sempre.

Claudio Noce

Roma, Italia, 1975

A principios da década de 2000 realiza as súas primeiras curtas documentais e videoclips. En 2009 pasou a dirixir a súa ópera prima, Good morning, Aman, presentada en competición na Semana da Crítica do 66º Festival de Venecia. En 2014 chamou a atención da crítica internacional co thriller A foresta dei ghiaccio, protagonizado por Emir Kusturica. Padrenostro é a súa terceira longametraxe.
Ficha artística

Pierfrancesco Favino, Mattia Garaci, Barbara Ronchi, Francesco Gheghi, Francesco Colella, Antonio Gerardi

Ficha técnica

Guión: Enrico Audenino, Claudio Noce
Fotografía: Michele D’Attanasio
Edición: Giogiò Franchini
Produción: Paki Meduri