Ano

2019

Nacionalidade

Xapón

Duración

134 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Xaponés

NOV
10
Martes, 17:00
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
17
Martes, 16:30
Teatro Principal
Mercar entrada

Hideki leva unha vida perfecta, polo menos ata que un día un compañeiro de traballo lle dá o aviso de que ten unha visita. Cando chega á recepción non hai ninguén, pero atopa un informe sobre a súa filla que non naceu. Dous anos máis tarde, o compañeiro morre misteriosamente e unha presenza sinistra axexa a casa de Hideki, que decide recorrer a un exorcista.

Tetsuya Nakashima

Fukuoka, Xapón, 1959

Realizador publicitario, debutou en 1997 con Happy-Go-Lucky. Cultivou un grande éxito con Kamikaze girls (2004). Confessions (2010) e O mundo de Kanako (que formou parte da programación de Cineuropa 2014) confirmárono como un dos directores máis interesantes de Xapón.
Ficha artística

Junichi Okada, Nana Komatsu, Satoshi Tsumabuki, Haru Kuroki, Takako Matsu

Ficha técnica

Guión: Tetsuya Nakashima, Hideto Iwai, Nobuhiro Monma
Fotografía: Ryoken Okamura
Edición: Yoshiyuki Koike
Produción: Minami Ichikawa, Genki Kawamura, Tomoya Nishino