Ano
2020
En pleno confinamento, un grupo de amigas quedan para realizar unha sesión de espiritismo a través de Zoom. O ambiente entúrbiase cando alguén (ou algo) máis se une á chamada… Host é unha das sensacións do terror desta tempada, rabiosamente contemporánea na súa linguaxe e de sabor deliciosamente clásico na administración de sustos sen cuartel.
Haley Bishop, Radina Drandova, Edward Linard, Jemma Moore, Caroline Ward, Emma Louise Webb
Guión: Rob Savage, Gemma Hurley, Jed Shepherd
Edición: Brenna Rangott
Produción: Douglas Cox, Emily Gotto, Samuel Zimmerman