Ano

2020

Nacionalidade

Irlanda, Reino Unido

Duración

97 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Inglés

8,73

Nota do público
NOV
7
Sábado, 20:30
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
8
Domingo, 20:00
Salón Teatro
Mercar entrada

A primeira vista, Sandra é unha nai que se esforza en conseguir un fogar cálido, seguro e feliz onde crezan as súas dúas pequenas fillas. Decidida a que as súas vidas melloren, e cando entende que as institucións non a van a axudar, decide que comezará de cero. Con poucos cartos e sen aforros, Sandra deberá utilizar todo o seu enxeño para converter en realidade o seu ambicioso plan. Ao mesmo tempo, debe escapar do control do seu posesivo exmarido e afastalo das súas fillas e dela mesma. Pero nada pode amedrentar a Sandra, que reúne a unha serie de amigos dispostos a apoiala e axudala. Grazas á xenerosidade e bondade destas persoas, e ao agarimo das súas fillas, Sandra recuperará a sensación de que realmente pode ser ela mesma.

Phyllida Lloyd

Bristol, Reino Unido, 1957

O seu debut na gran pantalla produciuse en 2008 coa comedia musical Mamma Mia! A película, que foi nomeada a dous Globos de Ouro e tres premios BAFTA. En 2011 volveu contar con Meryl Streep para encarnar a Margaret Thatcher na súa segunda longametraxe, A dama de ferro. Volver a empezar tivo a súa estrea internacional no Festival de Sundance.
Ficha artística

Clare Dunne, Harriet Walter, Conleth Hill, Cathy Belton, Ericka Roe, Rebecca O’Mara, Liz Fitzgibbon, Molly McCann, Sean Duggan

Ficha técnica

Guión: Malcolm Campbell, Clare Dunne
Fotografía: Tom Comerford
Edición: Rebecca Lloyd
Produción: Rory Gilmartin, Ed Guiney, Sharon Horgan