Ano

2020

Nacionalidade

Colombia

Duración

136 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Castelán

8,18

Nota do público
NOV
21
Sábado, 17:00
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
22
Domingo, 20:00
Salón Teatro
Mercar entrada

O médico Héctor Abad Gómez foi un carismático activista polos dereitos humanos no Medellín polarizado e violento dos anos 70. El olvido que seremos relata a súa vida, pai de familia preocupado tanto polos seus fillos como polas nenas e nenos de clases menos favorecidas. O seu fogar estaba impregnado de vitalidade e creatividade, froito dunha educación baseada na tolerancia e o amor. Héctor dedicouse ás causas sociais e políticas da época, pero a sociedade intolerante de Medellín acosaríao ata silencialo. Trátase dunha historia íntima vista a través dos ollos do seu único fillo, Héctor Abad Faciolince, un dos escritores máis destacados da literatura moderna en lingua española.

Fernando Trueba

Madrid, 1955

Escritor, director, guionista e produtor de cinema, deuse a coñecer con Ópera prima (1980), un filme de baixo orzamento que se converteu nun expoñente da denominada comedia madrileña. En 1993 a súa película Belle Époque recibiu o Premio Óscar á mellor película de fala non inglesa. Calle 54 (2000), Chico y Rita (codirixida con Javier Mariscal e Tono Errando en 2010) e El artista y la modelo (2012), son outros dos seus títulos.
Ficha artística

Javier Cámara, Daniela Abad, Aída Morales, Patricia Tamayo, Juan Pablo Urrego

Ficha técnica

Guión: David Trueba (Novela: Héctor Abad Faciolince)
Fotografía: Sergio Iván Castaño
Edición: Marta Velasco
Produción: Caracol Televisión, Dago García Producciones