Ano
2020
Varias persoas conversan no interior dun bar entre cigarros, almorzos e aperitivos. Lembran soños insólitos, comparten preocupacións laborais e proxectan plans de futuro. A medida que avanza a xornada escóitanse, cada vez máis preto, os disturbios da crise industrial de 1992. Ese ano celebráronse en España os Xogos Olímpicos de Barcelona e a Expo de Sevilla. O Estado presentábase fronte a comunidade internacional como un país desenvolvido, moderno e dinámico. Mentres, en Cartaxena as protestas pola crise adquiren unha violencia crecente ata acabar cunha revolta multitudinaria que desemboca na queima do parlamento rexional.
Guión: Luis López Carrasco, Raúl Liarte
Fotografía: Sara Gallego
Edición: Sergio Jiménez Barranquero
Produción: Luis Ferrón, Luis López Carrasco, Pedro Palacios, Daniel M. Caneiro, Ricard Sales, David Epiney, Eugenia Mumenthaler, Pablo Pérez