Ano

2020

Nacionalidade

Francia, Arxelia, Bélxica

Duración

100 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Francés

8,15

Nota do público
NOV
18
Mércores, 17:00
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
21
Sábado, 12:00
Salón Teatro
Mercar entrada

París, 1993. Selma, de 17 anos, vive nunha familia bereber burguesa e laica. Cando coñece a Julien, un mozo aposto polo que sente unha forte atracciónl, dáse conta por primeira vez das estritas regras da súa familia patriarcal e de como afectan a súa intimidade. Mentres o islamismo se apodera do seu país de orixe e a súa familia se desmorona, Selma descobre o poder do seu propio desexo. Ela debe resistir e loitar. Grazas á forza da súa xente, comeza a camiñar pola senda do que significa converterse nunha muller libre.

Kamir Aïnouz

París, 1976

Estudou escritura cinematográfica na Universidade de California, Los Ángeles (UCLA), e participou en varios obradoiros de realización cinematográfica na USC-School of Cinematic Arts. Kamir desenvolve contido orixinal inspirado na súa cultura dual alxerina e francesa. Cigare au miel é o seu debut como directora. O seu guión orixinal foi seleccionado no Rawi Screenwriters Lab co Sundance Institute.
Ficha artística

Zoé Adjani, Amira Casar, Lyès Salem, Louis Peres, Idir Chender, Axel Granberger, Jud Bengana, Rym Takoucht, Samir El Hakim

Ficha técnica

Guión: Kamir Aïnouz
Fotografía: Jeanne Lapoirie
Edición: Albertine Lastera
Produción: Christine Rouxel, Marie-Castille Mention-Schaar