Ano
2020
O Val dos Caídos foi unha obra de Franco, unha particular obsesión. El atopou o lugar, expropiou os terreos, mandou construír a calquera prezo, decidiu os seus construtores e a súa estética… A ética non estaba no guión. Unha historia a pedra e lume, un símbolo que tamén coñeceu as pelexas dentro do Réxime, franquistas contra falanxistas. Os gañadores tamén tiñan os seus perdedores. Foi, xa non segue sendo, o lugar onde baixo mil cincocentos quilos estaba enterrado un dos máis ignominiosos personaxes da nosa historia. Finalmente a historia non lle deu a razón. Un percorrido por unha historia de escravos, de soños megalómanos do que cría ser o salvador da fe e da patria, as axudas que recibiu, o negocio que propiciou, o malgasto dunha construción multimillonaria nun país devastado.
Benito Rabal, Lola Rabal, Nicolás Sánchez- Albornoz, Alberto Bárcena, Pablo Linares, Azucena Rodríguez “La Rubia”
Dirección: Javier Rioyo
Guión: Javier Rioyo
Fotografía: Alberto Molina
Edición: Pablo Blanco
Produción: DOC LAND, RTVE