#CINEUROPA31

Premio Cineuropa a Manuel Martín Cuenca e outras vinte citas cinematográficas para hoxe

10 de Nov de 2017

Cineuropa ofrecerá este hoxe 21 citas cinematográficas ao longo da xornada. A primeira delas, en sesión matinal, comezará ás 12:00 horas no Teatro Principal cunha película de animación para toda a familia: Le grand méchant Renard et autres contes (O malvado raposo feroz), dos franceses Benjamin Renner e Patrick Imbert. O filme, que se proxectará na súa versión dobrada, pasarase novamente ás 16:00 horas.

[ Ler máis ]

#CINEUROPA31

Cineuropa premia ao cineasta Manuel Martín Cuenca

10 de Nov de 2017

Hoxe darán comezo as grandes homenaxes do festival coa entrega do Premio Cineuropa 2017 ao almeriense Manuel Martín Cuenca. O cineasta, nado en 1964, comezou a súa carreira como axudante de dirección de Felipe Vega, José Luis Borau, Icíar Bollaín e José Luis Cuerda. Á parte de ao cinema, dedícase tamén á formación; impartiu clases na Escola Nacional de Cinema de San Antonio de Baños (Cuba), e actualmente traballa na Universidade Carlos III de Madrid.

[ Ler máis ]

#CINEUROPA31

O novo filme do realizador alemán Fatih Akin chega este venres a Cineuropa

10 de Nov de 2017

Fatih Akin, gañador do Oso de Ouro de Berlín en 2004 por Contra a parede, é un dos habituais en Cineuropa. Con In the fade, este realizador alemán de ascendencia turca propón unha historia sobre a vinganza dunha muller cuxa familia foi destruída polo terrorismo neonazi. A acción apóiase esencialmente na excelente Diane Kruger que, grazas a este papel que reestrutura o xénero de vinganza habitualmente masculino, foi merecedora do premio á mellor actriz en Cannes 2017. A cita co último Fatih Akin será ás 21:15 horas no Teatro Principal.

[ Ler máis ]

#CINEUROPA31

"Jeune femme", "The party", e a Real Filharmonía protagonizan esta terceira xornada

9 de Nov de 2017

O Teatro Principal acollerá ás 20:00 horas a estrea da fita premiada como mellor ópera prima 'Un Certain Regard' en Cannes 2017. Trátase do filme de Léonor Serraille Jeune femme (Benvida a Montparnasse), unha deliciosa "dramedia" cuxo peso recae principalmente na impecable interpretación da actriz Laetitia Dosh, quen dá vida á personaxe protagonista.

[ Ler máis ]

#CINEUROPA31

O retorno dos mellores Philippe Garrel e Joaquin Phoenix protagoniza a carteleira de hoxe

8 de Nov de 2017

A segunda xornada da 31ª edición de Cineuropa abre as súas portas coa colaboración por vez primeira do Multicines Compostela. Esta nova sede acollerá o mércores 8, ás 18:00 h, un pase homenaxe ao recentemente falecido Federico Luppi, quen fora premio Cineuropa en 2002, coa proxección do filme de John Sayles Men with guns.

[ Ler máis ]