#CINEUROPA30

120 min. / Terror, Comedia / Estados Unidos / Inglés
Fantastique Compostela

Teatro Principal, VEN 11, 00:30 | Salón Teatro, DOM 13, 23:00 | Cinema NUMAX, MER 23, 19:15 | Teatro Principal, VEN 25, maratón

The love witch (A bruxa do amor)

Sinopse:

Elaine, a bruxa do título, utiliza os seus coñecementos en pocións, feitizos e rituais para que os homes caian rendidos ante ela. Pero os seus poderes son demasiado fortes e as vítimas multiplícanse. Cando coñece o home dos seus soños, agudízase o seu narcisismo patolóxico e a súa desesperación por ser amada lévaa a cometer toda clase de excesos. Cunha estética vintage que rende tributo ás películas en Technicolor dos anos sesenta e setenta e unha magnífica dirección artística, a directora Anna Biller revive nesta terrorífica traxedia a imaxe das bruxas como símbolo da liberdade sexual feminina, e explora con demoníaca lucidez certas fantasías intrínsecas ao xénero.

Ficha artística:

Samantha Robinson, Jeffrey Vincent Parise, Laura Waddell, Gian Keys, Jared Sanford, Robert Seeley, Jennifer Ingrum, Randy Evans, Clive Ashborn, Lily Holleman

Ficha técnica:

Guión: Anna Biller
Fotografía: M. David Mullen
Edición: Anna Biller
Produción: Anna Biller

The love witch (A bruxa do amor)