#CINEUROPA30

90 min. / Drama / España / Castelán
Sección oficial

Teatro Principal, SAB 19, 20:30 | Teatro Principal, DOM 20, 17:00

María (y los demás)

Sinopse:

Desde que morrera a súa nai cando ela tiña 15 anos, María coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsable e controladora, sempre foi o alicerce da familia e séntese orgullosa diso. Por iso, cando o seu pai anuncia o seu inminente compromiso cunha enfermeira, sente que a súa vida se desmorona. María deberá atreverse a cambiar o seu destino.

Ficha artística:

Bárbara Lennie, Julián Villagrán, Pablo Derqui, Rocío León, José Ángel Egido, Vito Sanz, María Vázquez, Aixa Villagrán, Ernesto Chao, Miguel de Lira, Marina Skell, Alexandra Pineiro, Luisa Merelas, Xúlio Abonjo

Ficha técnica:

Guión: Nely Reguera, Roger Sogues
Fotografía: Aitor Echeverría
Música: Nico Casal
Produción: Sergio Frade Fraga

Bárbara Lennie está soa. Alarmantemente soa. A súa familia parece ser un corpo estraño ao que ela deu o mellor de si mesma. E agora depositouna na beiriña, na marxe, cariñosamente. É case un milagre asistir a como a actriz española máis radiante e aureolada de magnetismo é capaz de transformarse en patiño feo. De ir desvelando as capas que nos mostran que, baixo a súa soidade, hai sutís apuntamentos de neurose mal simbiotizada. Nely Reguera, debutante, deixa a Lennie ese espazo para que a súa película se vaia asimilando como o reverso amable da Ana y los lobos de Saura. Produce a galega Frida Films e contan que a rodaxe no inverno, en augas da costa coruñesa, puxo a proba a isotermia da nosa “nena de lume”.

— José Luis Losa

María (y los demás)