#CINEUROPA30

156 min. / Drama / Francia / Francés
Sección oficial

Salón Teatro, MER 23, 22:15 | Salón Teatro, VEN 25, 22:00

Malgré la nuit (A pesar da noite)

Sinopse:

Filme lyncheano acerca da perda e os celos. Lenz regresa a París para buscar a súa amada Madeleine, pero só atopa relacións condenadas e un submundo macabro e autodestrutivo do que non achará escapatoria.

Ficha artística:

Kristian Marr, Ariane Labed, Roxane Mesquida, Paul Hamy, Johan Leysen, Sam Louwyck, Aurélien Recoing, Wyatt Alexander, Pascal Bianco-Levrin de Bouzid, Christopher Buchholz

Ficha técnica:

Guión: John-Henry Butterworth, Philippe Grandrieux
Fotografía: Jessica Lee Gagné
Música: Ferdinand Grandrieux
Produción: Alain de la Mata, Philippe Elkoubi

Por fin o universo lisérxico, feroz, a abdución da obra de Philippe Grandrieux, no noso Cineuropa. Unha historia de autodestrutivos cantos de serea, de paixóns desbocadas, de exhibicionismo e sexo en bosques de cruising e druídas. Unha experiencia abafadora, como un David Lynch cum laude. Cine transgresor, co cru lirismo da pel lacerada, da chamada da selva aquí, no noso xardín. Formidable.

— José Luis Losa

Malgré la nuit (A pesar da noite)