#CINEUROPA30

122 min. / Comedia / Alemaña, Francia / Francés, Inglés
Sección oficial

Teatro Principal, MAR 22, 20:15 | Teatro Principal, MER 23, 20:15 | Salón Teatro, XOV 24, 20:00

Ma Loute

Sinopse:

En pleno verán de 1910, na baía de Slack ao norte de Francia, comezan a desaparecer turistas de xeito misterioso. Encárganse do caso o inspector Machin e o seu hábil asistente Malfoy. A investigación lévaos a contactar cos conflitivos Bréfort, un peculiar clan de pescadores, e cos Van Peteghems, unha decadente familia burguesa que pasa as vacacións nunha impresionante mansión na baía.

Ficha artística:

Fabrice Luchini, Juliette Binoche, Valeria Bruni Tedeschi, Jean-Luc Vincent, Brandon Lavieville, Raph, Didier Després, Cyril Rigaux, Laura Dupré, Thierry Lavieville, Caroline Carbonnier

Ficha técnica:

Guión: Bruno Dumont
Fotografía: Guillaume Deffontaines
Produción: Rachid Bouchareb, Jean Bréhat

Premios:

  • Premio ao mellor son no Festival de Cannes 2016

Aquel Bruno Dumont tan malote, ao que lembrarán en edicións recentes por Hadewijch, Hors Satan ou Camille Claudel, pegou unha viraxe e meteuse no burlesque. Nesta irrefreable loita cómica entre aldeáns lelos e veraneantes ricos nunha vila do norte de Francia asistirán á conversión de Juliette Binoche en actriz de comedia tola, a Fabrice Lucchini ou Valeria Bruni-Tedeschi emulando ao Gordo e o Fraco. E a dous policías, os detectives Machin e Malfoy, como sosias dos Hernández e Fernández tintinescos. E, no medio da farsa de humor irresistible, entre o silente e dadá, un romance morganático e unha matanza de mazarocos lisérxicos que, estes si, remiten a cando Dumont semellaba mala persoa. E non vexan canto se celebrou en Cannes!

— José Luis Losa

Ma Loute