#CINEUROPA30

92 min. / Drama, Romance / Estados Unidos, Francia, Holanda, Reino Unido, Irlanda / Inglés
Sección oficial

Teatro Principal, MAR 15, 20:00 | Teatro Principal, MER 16, 19:45 | Salón Teatro, XOV 17, 20:00

Love & friendship (Amor e amizade)

Sinopse:

Adaptación do relato curto de Jane Austen Lady Susan, ambientado en 1790. A guapa e viúva Susan Vernon acode á facenda da súa familia política para acalar os extravagantes rumores acerca dos seus coqueteos coa elite social. Mentres vive alí, decide buscar marido para ela e para a súa remisa filla Federica, unha debutante.

Ficha artística:

Kate Beckinsale, Morfydd Clark, Tom Bennett, Jenn Murray, Lochlann O'Mearáin, Sophie Radermacher, Chloë Sevigny, Stephen Fry, Jordan Waller, Ross Mac Mahon

Ficha técnica:

Guión: Whit Stillman
Fotografía: Richard Van Oosterhout
Música: Benjamin Esdraffo
Produción: Lauranne Bourrachot

O sentido para a alta comedia dese estilista impagable que é Whit Stillman tiña que ter maridado antes co universo de Jane Austen. Adaptación moi libre de Lady Susan, estamos ante un aggiornamento precioso do universo de enredos cortesáns da Austen, levados por Stillman ata os lindes da screwball comedy. Kate Beckinsale (quen xa traballara con Stillman en The last days of disco, do mesmo xeito que Chloë Sevigny, tamén no elenco) é a nova viúva que pega sutís poutadas para liberarse das trampas e corpiños da súa contorna palaciana. O filme crece como vodevil e alcanza cimas de comedia explosiva coa presenza de Tom Bennet, que eleva á enésima potencia o seu personaxe de nada precioso ridículo. Provocou, na súa estrea en Róterdan, as maiores gargalladas que escoitamos este ano nunha sala de cine.

— José Luis Losa

Love & friendship (Amor e amizade)