#CINEUROPA30

142 min. / Drama / Francia / Francés
Sección oficial

Salón Teatro, DOM 13, 20:00 (Entrega Premio Cineuropa 2016 a Lola Dueñas) | Salón Teatro, LUN 14, 17:00

Les ogres

Sinopse:

Van de cidade en cidade e instalan unha carpa nos arredores co espectáculo por bandeira. Eles traen soños e bulicio ás nosas vidas. Hai ogros e xigantes con moito teatro e quilómetros ás súas costas. Pero a inminente chegada dun bebé e o retorno dunha antiga amante revivirán feridas que crían pechadas. Mentres, que comece a festa!

Ficha artística:

François Fehner, Marion Bouvarel, Marc Barbé, Adèle Haenel, Inès Fehner, Lola Dueñas, Philippe Cataix, Christelle Lehallier, Thierry De Chaunac, Nathalie Hauwelle

Ficha técnica:

Guión: Léa Fehner, Catherine Paillé, Brigitte Sy
Fotografía: Julien Poupard
Produción: Philippe Liégeois

Como unha cara B francesa de El viaje a ninguna parte. Léa Fehner adapta libremente ao Chejov d’O Cabaret, nunha irresistible incrustación nos dentes de serra dunha compañía de teatro de variedades. Tensións mal resoltas, egos enfrontados, males de amores, alcol, estrada, excesos. E solidariedade de grupo. Cunha Lola Dueñas que nos dá unha mostra de por que lle vai tan ben en Francia, dentro dun elenco coral en estado de graza. Cinema de forza irresistible, que se trasfega dun golpe. E embriaga. A película que obtivo o Premio do Público no esixente foro de Róterdam, preséntase en estrea absoluta no noso país.

— José Luis Losa

Les ogres