#CINEUROPA30

117 min. / Drama, Thriller / Francia, Italia / Francés
O Polar: A idade de xeo do cinema negro francés

CGAC, DOM 20, 16:00

Le silencieux (O silencioso)

Sinopse:

Tras sufrir un accidente en Londres, un reputado científico soviético é secuestrado polo servizo secreto británico, que finxe a súa morte. Del pretenden conseguir os nomes dos axentes dobres que traballan para os rusos. En realidade, o científico é Clément Tibère, un francés obrigado a traballar para os soviéticos anos atrás. Os británicos prométenlle unha nova identidade e un futuro tranquilo en Francia, pero el sabe que a KGB non descansará ata matalo.

Ficha artística:

Lino Ventura, Leo Genn, Suzanne Flon, Robert Hardy, Lea Massari, Pierre-Michel Le Conte, Annie Dejean-Jodry, Bernard Dhéran, Pierre Zimmer, Roger Crouzet

Ficha técnica:

Guión: Claude Pinoteau, Jean-Loup Dabadie (Novela: Francis Ryck)
Fotografía: Jean Collomb
Música: Jacques Datin, Alain Goraguer
Produción: Medusa Produzione / Société des Etablissements L. Gaumont / Trianon Films

Le silencieux (O silencioso)