#CINEUROPA30

98 min. / Drama / Canadá, Francia / Francés
Sección oficial

Salón Teatro, MER 9, 22:00 | Salón Teatro, SAB 12, 20:00 | Teatro Principal, LUN 14, 18:00

Le fils de Jean (O fillo de Jean)

Sinopse:

Mathieu nunca coñeceu a seu pai, pero unha mañá recibe unha chamada na que o informan da súa morte. Descobre entón que ten dous irmáns en Canadá e decide viaxar ata alí para coñecelos e asistir ao funeral. Disque o seu pai morreu ao caer dun bote mentres estaba a pescar. Alí ninguén sabe da súa existencia e é consciente de que a súa presenza non é benvida. Por sorte, conta coa axuda de Pierre.

Ficha artística:

Jean-Pierre Andréani, Gabriel Arcand, Christopher Atallah, Caroline Bizier-Brière, Tania Bolduc, Anne-Valérie Bouchard, Valerie Cadieux, Pierre-Yves Cardinal, Catherine de Léan

Ficha técnica:

Guión: Natalie Carter, Philippe Lioret
Fotografía: Philippe Guilbert
Música: Flemming Nordkrog
Produción: Fin Août Productions / Item 7

Philippe Lioret, director de Welcome, segundo posto en Cineuropa en 2009, volve cun melodrama en clave intimista e contido. Un home que viaxa para coñecer as súas orixes, o pai descoñecido. E Lioret segue os seus personaxes con mimo e tenrura peneirada, sen trampas nin outros golpes de efecto que as xogadas do destino.

— José Luis Losa

Le fils de Jean (O fillo de Jean)