#CINEUROPA30

125 min. / Drama / España / Castelán
Sección oficial

Teatro Principal, MER 9, 22:00 | Salón Teatro, XOV 10, 20:00 | Salón Teatro, SAB 12, 17:45

Las furias

Sinopse:

Marga, unha muller de case setenta anos, anúncialles aos seus tres fillos que ten a firme intención de vender a casa de verán familiar co propósito de emprender unha longa e misteriosa viaxe. Emprázaos a pasarse por alí canto antes para elixir mobles, aveños ou recordos que queiran conservar antes de que leve a cabo a venda. Héctor, o irmán maior, propón aproveitar a mesma fin de semana elixido para despedirse da casa para celebrar en familia a súa voda coa muller coa que leva máis de quince anos vivindo, e da que todos esperaban que se separase. A familia vivirá unha fin de semana dividida entre: que pasou, que che pasa, non me podo crer que isto estea a pasar, iso nunca debeu de pasar e pasou o que tiña que pasar... unha típica reunión familiar.

Ficha artística:

José Sacristán, Mercedes Sampietro, Bárbara Lennie, Carmen Machi, Emma Suárez, Alberto San Juan, Elisabet Gelabert, Raúl Prieto, Gonzalo de Castro, Pere Arquillué

Ficha técnica:

Guión: Miguel del Arco
Fotografía: Raquel Fernández Nuñez
Música: Vincent Barrière
Produción: Aquí y Allí Films / Kamikaze Producciones S.L. / Televisión Española (TVE)

O debut do mestre escénico Miguel del Arco tras a cámara conta coa súa actriz fetiche, Bárbara Lennie, retomando desde o acento a súa orixe arxentina, e outro premio Cineuropa, Pepe Sacristán como desmemoriado xefe da tribo dun drama de familia encerrada en casa de campo. E cun elenco all-stars que recupera a magnífica Mercedes Sampietro.

— José Luis Losa

Las furias