#CINEUROPA30

89 min. / Drama / Reino Unido / Inglés
Sección oficial

Teatro Principal, XOV 10, 22:30 | Salón Teatro, VEN 11, 21:45 | Teatro Principal, SAB 12, 20:00

Lady Macbeth

Sinopse:

Inglaterra, 1865. Katherine é a esposa dun home amargado que lle dobra a idade e ao que non quere. Esta relación converte a protagonista nunha moza angustiada e desesperanzada. Pero a vida de Katherine dá un xiro cando se namora dun mozo que traballa no eido do seu marido, co que empezará unha relación amorosa que lle outorgará a forza precisa para que nada se interpoña na súa loita por cumprir os seus desexos.

Ficha artística:

Christopher Fairbank, Florence Pugh, Cosmo Jarvis, Bill Fellows, Paul Hilton, Ian Conningham, Naomi Ackie, Rebecca Manley, Golda Rosheuvel, Fleur Houdijk

Ficha técnica:

Guión: Alice Birch
Fotografía: Ari Wegner
Música: Dan Jones
Produción: Fodhla Cronin O'Reilly

Premios:

  • Premio FIPRESCI no Festival de San Sebastián 2016

Necesaria aclaración. Nada ten que ver con Shakespeare, senón coa novela do ruso Nikolai Leskov, esta magnífica primeira longa do director teatral William Oldroyd. Gañadora do Premio da Crítica en San Sebastián, merece moito máis. En certa liña con Cumes borrascosos de Andrea Arnold, expón un século XIX afastado de calquera esteticismo académico. Non caben adornos neste relato dunha salvaxe emancipación feminina, a pura leña. Unha excarceración de roles de xénero e de clase que sabe a sexo e a violencia parteira da Historia. E no epicentro deste espartaquismo de muller fronte aos landlords impotentes, unha actriz, Florence Pugh, chamada a novas revolucións.

— José Luis Losa

Lady Macbeth