#CINEUROPA30

115 min. / Drama, Biográfico, Bélico / Francia, Portugal / Francés, Latín
Sección oficial

Teatro Principal, LUN 14, 20:00

La mort de Louis XIV

Sinopse:

La mort de Louis XIV relata os últimos días de vida do Rei Sol. De volta a casa tras unha xornada de caza, Luís XIV sente unha forte dor na perna que lle obriga a gardar cama en Versalles. Así comeza unha lenta agonía durante a que organizará os preparativos da súa sucesión rodeado dos seus máis fieis súbditos.

Ficha artística:

Jean-Pierre Léaud, Patrick d'Assumçao, Marc Susini, Irène Silvagni, Bernard Belin, Jacques Henric, Vicenç Altaió, Olivier Cadiot, Philippe Crespeau, Gabriel Wanner, John Baillie, Lluís Serrat, José Wallenstein, Filipe Duarte

Ficha técnica:

Guión: Thierry Lounas, Albert Serra
Fotografía: Jonathan Ricquebourg
Música: Marc Verdaguer
Produción: Capricci Films

Premios:

  •  Premio Jean Vigo ao mellor filme internacional no Festival de Cine de Xerusalem 2016.

 

Regresa ao Principal Albert Serra, Premio Cineuropa en 2012. E se daquela foi co fascinante remix de Drácula e de Casanova, agora chega, na súa primeira rodaxe fóra de Catalunya, con outra icona da Historia. O rei Sol, postremeira encarnación do absolutismo in crescendo. O rei prostrado, xacente, nunha posta en escena tenebrista que remite a Caravaggio ou á Lección de anatomía de Rembrandt. A monarquía absoluta que agoniza, con ataque de gota e encarnada nese tótem neno-vello que é Jean Pierre Leaud. Esta ladaíña, coa súa corte dos milagres arredor, este espello cadente da moribundia, é Serra en estado puro. E seduciu a Cannes de novo. Teremos no pase o director para practicar a autopsia ou a resurrección.

— José Luis Losa

La mort de Louis XIV