#CINEUROPA30

78 min. / Terror, Fantástico / Francia / Francés
O Polar: A idade de xeo do cinema negro francés

CGAC, MAR 8, 16:00

La main du diable (A man do diaño)

Sinopse:

Nas montañas, durante unha escura e chuviosa noite, un misterioso home chega a unha pousada chea de turistas. O estraño comportamento de Roland Brissot chama a atención de todos. Obrigado polos acontecementos, así como pola hostilidade da multitude que o rodea, refungando, comeza a contar a súa historia. Tempo atrás foi un pintor fracasado ata que, rexeitado pola muller que amaba nun restaurante, o propietario do local vendeulle un talismán que lle daría grandes éxitos, tanto na súa vida persoal como profesional. Lamentablemente, o dito talismán era propiedade do mesmo diaño.

Ficha artística:

Pierre Fresnay, Josseline Gaël, Noël Roquevert, Guillaume de Sax, Palau, Pierre Larquey, André Gabriello, Antoine Balpêtré, Marcelle Rexiane, André Varennes

Ficha técnica:

Guión: Jean-Paul le Chanois (novela: Gérard de Nerval)
Fotografía: Armand Thirard
Música: Roger Dumas
Produción: Continental Films

La main du diable (A man do diaño)